HomesociedadePresentadas máis de 5.300 alegacións a Belesar I e Belesar II

Presentadas máis de 5.300 alegacións a Belesar I e Belesar II

A plataforma Stop Baterías Ribeira Sacra xunto á Asociación de Veciños O Piloto de Pesqueiras acadaron máis de 5.300 alegación en contra dos proxectos Belesar I e Belesar II.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ademais das alegacións que presenta a asociación, o seu presidente presentou denuncia ao Ministerio de Transición Ecolóxica por
fragmentación dos proxectos, unha solicitude á consellería de Economía e Industria para que se inhiba de tramitar os proxectos por incompetencia e outra solicitude á Consellería de Medio Ambiente para que lles dean acceso ao expediente ambiental dos proxectos.

Tamén houbo veciños que enviaron a título persoal 9 documentos que conteñen 58 alegacións, 54 peticións de estudos ou xustificacións adicionais e 10 peticións de suspensión cautelar. Así como a solicitude de suspensión cautelar da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade dirixida á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Cultura, e posta en coñecemento do ICOMOS (Comité Nacional Español) e da UNESCO; xa que estas infraestruturas proxectadas son incompatibles para a súa eventual declaración.

Consta, asemade a presentación de alegacións por parte da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), Ecoloxistas en Acción, Asociación Amigos do Románico da Comarca de Chantada, a Federación de Asociacións da Ribeira Sacra (FEARS), así como as alegacións do grupo municipal Por Chantada e as alegacións do BNG máis unha pregunta no Parlamento de
Galicia por parte do deputado Iago Suárez.

Nas alegacións destácase o fraccionamento artificioso do proxecto, que implica evadir a avaliación ambiental necesaria. A industrialización de solo rústico, en contra da normativa urbanística. A ausencia de información sobre o consumo e procedencia da auga, necesaria para a refrixeraición, poñendo en risco o dominio público hidráulico. A proximidade a casas habitadas e a falta de estudos sobre o impacto na calidade de vida dos veciños, por contaminación acústica e desvalorización dos seus bens, entre outros. A falta de prevención de incendios e protocolos de actuación ante a complexidade e riscos que as baterías de litio
presentan.

Refírense tamén ao impacto paixasístico, patrimonial e turístico, nunha parroquia da Ribeira Sacra, Ben de Interese Cultural (BIC), que conta coa Igrexa de Santa María de Pesqueiras – Monumento Nacional no 1950 –. A afección ao sector primario. A ausencia de estudo socioeconómico e interese público, xa que non se reflexa retorno en termos de emprego ou desenvolvemento. A vulneración do dereito á participación pública, xa que a falta de comunicación coa veciñanza, a complexidade técnica da documentación e a limitación dos prazos dificultaron o exercicio real deste dereito. O colectivo agradece a implicación veciñal e social coas súas demandas.

Pesqueiras reunión veciñal / Stop Baterías Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...