HomesociedadeAlumnado do IES Daviña Rey coñece o Congreso, o Museo de Ciencias...

Alumnado do IES Daviña Rey coñece o Congreso, o Museo de Ciencias Naturais e o Santiago Bernabeu

Foi esta pasada fin de semana nunha visita cultural a Madrid. A visita ao Congreso dos Deputados foi posible grazas á invitación do deputado monfortino Francisco José Conde López.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Un grupo de alumnos e profesores do IES Daviña Rey viaxou a pasada fin de semana a Madrid. Nesta saída cultural os rapaces e rapazas, invitados polo deputado monfortino Francisco José Conde López, puideron visitar o Congreso dos Deputados. Na visita, os congresistas Francisco Conde e Jaime de Olano acompañaron ao grupo por distintas estancias do edificio para coñecer o funcionamento das institucións e adentrarse na historia democrática de España.

A viaxe serviulles tamén para coñecer lugares emblemáticos da capital coma: a Porta do Sol, a Praza de Cibeles, a Praza Maior, a Porta de Alcalá, o Palacio Real e o Museo Nacional de Ciencias Naturais. Como detalle final, alumnado e mestres asisitiron ao partido de fútbol disputado entre o Real Madrid e o Athletic de Bilbao no Santiago Bernabeu.

“Esta experiencia permitiulle ao alumnado ampliar coñecementos sobre a historia, a política e a cultura do noso país, ademais de fomentar a convivencia, a autonomía e o interese por descubrir novos espazos e institucións. Unha viaxe enriquecedora que, sen dúbida, quedará na memoria dos participantes tanto polo aprendido como polos momentos compartidos”, comentan dende a Dirección do centro de ensino monfortino.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...