HomesociedadeO Corredor Atlántico contará en Monforte cunha plataforma ferroviaria de altas prestacións,...

O Corredor Atlántico contará en Monforte cunha plataforma ferroviaria de altas prestacións, segundo as previsións de Fomento

O Plan Director do Corredor especifica que os nodos de León e Monforte de Lemos son propiedade de Adif e que teñen unha dobre función: 'hub' para as empresas ferroviarias e terminal intermodal.

Publicado o

- Advertisement -

Véñense de presentar en Madrid as últimas novidades do Corredor Atlántico de Mercadorías, nun acto presidido polo Ministro de Fomento, José Luis Ábalos, no que participou o alcalde de Monforte, José Tomé.

O plan director prevé 3.558 millóns de euros para a zona noroeste: 1.293 en renovacións e 2.265 para obras de nova construción. No último acto conxunto, Galicia, Asturias e Castela e León presentaron un estudo que estimaba nuns 3.1000 millóns os fondos necesarios para modernizar o seu tren.

Dacordo coa presentación do plan director, o cuadrante noroeste recibirá 370 millóns de euros durante este ano 2019, que se investirán en actuacións en tramos de vía. Na liña que afecta a Monforte, que desde Venta de Baños transcorre por León-Ponferrada-Monforte de Lemos-Ourense-Vigo-A Coruña, faranse varias melloras. Estase xa con estudos de mellora nalgúns tramos ou ben comezando a desenvolver proxectos.

NODO DE MONFORTE

Adif propón neste punto un modelo colaborativo de promoción/xestión/explotación, con colaboración pública na promoción e iniciativa privada en explotación. “O desenvolvemento destes nodos axustarase ao interese empresarial e a demanda do transporte”, indica.

Na proposta de modificación do Corredor Atlántico á rede básica, chama a atención sobre que as comunidades de Navarra, A Rioxa, Cantabria, Asturias e Galicia (polas que non discorren corredores) supoñen o 18,28% da poboación e o 16,93% do PIB. Así, os novos nodos incorporados polo Ministerio de Fomento inclúen Ourense, Vigo e A Coruña, no que respecta á comunidade galega.

Segundo o alcalde de Monforte, o importante é que  o plan sobre o Corredor xa está enriba da mesa en documentos concretos, “O Corredor é xa unha realidade documental sobre a que se está a traballar, co obxectivo de poñelo en marcha a medio prazo”. Un proxecto que estará incluído no novo período orzamentario europeo 2021-2017.

Ao referirse ao Corredor Atlántico,  José Tomé destacaba que “é moi boa noticia para a cidade, porque Monforte será un dos dous nodos loxísticos, xunto con Ponferrada, que figura na liña Venta de Baños-Vigo-A Coruña”. Esto implica que Monforte contará, se todo vai segundo o previsto, cunha plataforma ferroviaria de altas prestacións que canalizará un gran volume de mercadorías.

José Tomé na presentación do Plan / Concello de Monfo

ÚLTIMAS

‘Metamorfose’, o novo sinxelo do artista ‘Peitoescuro’ camiño do seu primeiro álbum de estudio

O proxecto de Rubén Gutiérrez, coñecido artisticamente como 'Peitoescuro', segue avanzando. O pasado 18...

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...