HomesociedadeA Festa de San Xoán volve con forza ao barrio monfortino dos...

A Festa de San Xoán volve con forza ao barrio monfortino dos Chaos

A Comisión de Festas e o Colectivo Vermut confeccionaron un completo programa que combinará música, gastronomía, actividades infantís e propostas de convivencia pensadas para toda a veciñanza. Recupérase así, unha celebración das máis tradicionais de Monforte que deixara de organizarse por falta de relevo xeracional.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Os días 23 e 24 de xuño o barrio monfortinodos Chaos volverá celebrar a súa tradicional Festa de San Xoán, unha cita que recuperou o Colectivo Vermut no ano 2024. Daquela, esta asociación tivo a iniciativa de organizar un programa e impulsar a celebración tras anos sen facelo pola falta de relevo xeracional.

O impulso dun grupo de veciños e veciñas comprometidos coa recuperación desta tradición, e a colaboración do Colectivo Vermut –que participa na organización das actividades–, fará posible que o San Xoán volva “por todo o alto” este 2026 aos Chaos cun programa moi completo que combinará música, gastronomía, actividades infantís e propostas de convivencia pensadas para toda a veciñanza. Dende a organización agradecen o apoio económico de administracións públicas como a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o Concello de Monforte e a Xunta de Galicia, así como tamén de proxectos locais como e.Ribeira.

Dende a organización destacan que “esta recuperación vai moito máis alá dunha simple celebración festiva. Trátase de devolverlle ao barrio un espazo de encontro interxeracional, convivencia e participación veciñal, mantendo vivo un elemento do patrimonio cultural e social de Monforte de Lemos”.

PROGRAMACIÓN

O martes 23 de xuño a partir das 20:00 h. contará coa animación da Charanga Bergium e un obradoiro infantil. Ás 21:30 h. haberá unha gran sardiñada popular que contará con sesión musical a cargo de Albanta DJ, Ás 23:00 h. terá lugar a tradicional misa e reparto de roscas e ás 23:30 h. o grupo Polanko ofrecerá un concerto.

Xa o mércores 24, día de San Xoán, a xornada comezará coa presenza de gaiteiros facendo unha alborada e actividades para a cativada a cargo de e.Ribeira. Haberá sesión vermut con Albanta DJ ás 12:00 h e unha actuación musical do grupo Segunda Parte ás 13:00 h.

O xantar popular será ás 14:30 h. coincidindo o comezo do mesmo cunha “actividade sorpresa” organizada polo Colectivo Vermut. Xa pola tarde, ás 17:00 h. sesión musical a cargo de Nacho Morales DJ e concerto do grupo monfortino CoolFlanders ás 19:00 h para pechar dúas intensas xornadas festivas.

Coolflanders, banda de Monforte. Foto cedida.

ÚLTIMAS

Do 14 ao 30 de outubro está aberta a convocatoria de axudas para o transporte do alumnado de Monforte que estuda fóra

Poderá optar a estas axudas: Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación...

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...