HomesociedadeTaboada unida pola ELA, RevÉLAte este 20 de xuño

Taboada unida pola ELA, RevÉLAte este 20 de xuño

Este domingo, 21 de xuño, celébrase o Día Mundial da ELA, Esclerose Lateral Amiotrófica. A ELA é unha enfermidade crónica, incurable e progresiva que afecta as neuronas motoras no cerebro e a medula espiñal, o que provoca unha parálise muscular irreversible que afecta á mobilidade, á fala, á deglución e á respiración. No concello de Taboada celébrase este sábado un Festival Solidario promovido pola activista e paciente de ELA, Tatiana Badiola Penas, dentro do seu proxecto RevÉLAte que busca visibilizar e concienciar sobre esta enfermidade.

Publicado o

POR
Ana Belén Fernández
- Advertisement -

Este Festival Solidario a favor de AGAELA, Asociación Galega de Afectados pola ELA, desenvolverase este 20 de xuño no campo da feira de Taboada desde as 11:00h e ata as 16:00h, contando con música en directo, bingo solidario, actividades de concienciación e zona gastronómica. Aproveitarase tamén para facer a presentación de RevÉLAte, o proxecto multicultural promovido por Tatiana para dar visibilidade a esta enfermidade e ás súas consecuencias.

Durante a xornada contarase coas actuacións de Silvia Penide, Menina, Los Camachuelos, Phantom Mollo, Catuxa Salom en formato acústico e íntimo, e Ángel Novcad + Marta Darcos.

Desde o Concello de Taboada, que colabora con este Festival, faise un chamamento á participación nesta xornada de solidariedade, “o campo da feira converterase nun espazo de solidariedade, convivencia e compromiso coa causa da ELA”.

Toda la recadación será destinada a AGAELA (Asociación Gallega de Afectados de Esclerosis Lateral Amiotrófica), para apoiar o seu labor cas personas afectadas pola ELA e ás súas familias. A pesar da necesaria Lei ELA, que se aprobaba en outubro do 2024, e que axudaría a cubrir parte das necesidades de atención que teñen estes pacientes, cunha importante dotación económica para os seus coidados; a realidade é que na práctica moitas destas axudas non chegan.

Tatiana cun diagnóstico de ELA desde hai 5 anos vive en Taboada e lamenta non poder contar con axuda profesional conforme aos requisitos da lei, “Na provincia de Lugo non hai empresas que ofrezan este tipo de servizo e poidan facturar coa Administración; resultado, a axuda está concedida, pero non a recibo porque a Taboada non chega o servizo que financia a axuda e que se fai de urxente necesidade.”

E mentres non chega a axuda, a enfermidade non se detén e as necesidades para o coidado de Tatiana tampouco. “Os gastos son inasumibles para calquera familia. Dispoño de varias coidadoras unhas horas á semana, pero só unha é titulada, o resto son persoas que despois de tempo atendéndome saben como tratarme con esta enfermidade. Estas coidadoras cobran o seu salario e fan un servizo fundamental, pero non recibo axudas por esta atención que si estou tendo. Hai unha Lei, pero os gastos para asumir os meus coidados seguen existindo sen axuda”.

A Lei ELA levou esperanza a moitos pacientes e familias nun momento no que tamén se dan importantes avances a nivel médico, pero segue habendo casos nos que aínda non cambiou nada e seguen sendo necesarios apoios e recursos. Que as axudas cheguen a quen as necesita.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...