HomesociedadeA Praia Fluvial do Sangoñedo en Chantada preparada para a tempada de...

A Praia Fluvial do Sangoñedo en Chantada preparada para a tempada de verán

As Piscinas Municipais de Chantada ábrense este sábado, 27 de xuño e permanecerán abertas ata mediados do mes de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada conta na vila do Asma con dúas instalacións moi utilizadas na tempada de verán para refrescar as altas temperaturas: a Praia Fluvial do Sangoñedo e as Piscinas Municipais de Chantada.

Na Praia Fluvial, a Brigada de Parques e Xardíns estivo nestes días adecentando a zona do areal e o espazo de baño do río para poñela a disposición da cidadanía. A Praia Fluvial do Sangoñedo leva anos inscrita no Rexistro de Zonas de Baño polo que periodicamente se fan analíticas desde a Consellería de Sanidade para certificar a boa calidade da auga para o baño. O 19 deste mes desde a Consellería confirmábase que os valores microbioloxicos se atopan dentro dos límites establecidos.

A praia está inscrita tamén na Rede de Praias sen Fume, e a do Sangoñedo está catalogada na categoría Ouro, a máxima distinción de calidade. A contorna desta praia complétase cunha ampla área verde, espazos con mesas e parque infantil. Tamén na área de xogos, o concello densenvolveu recentemente tarefas de mantemento, como parte do traballo diario para conservar as zonas verdes.

Praia O Sangoñedo / Concello de Chantada

Por outra banda o Concello de Chantada abre este sábado, 27 de xuño, as instalacións das Piscinas Municipais, situadas ao carón das Piscinas Climatizadas, contan coa piscina para adultos/as e o vaso para nenas e nenos; ademais de amplas zonas verdes e espazo de estacionamento. A entrada ás instalacións é gratuíta e contan con persoal formado para atender á seguridade dos/as usuarios/as e á correcta utilización das instalacións. Durante o verán o Concello de Chantada tamén organiza aquí diferentes actividades deportivas e de lecer.

ÚLTIMAS

Así foi a participación monfortina nos XVI Xogos do Eixo Atlántico

A delegación monfortina estivo formada por 68 deportistas que participaron en 4 modalidades deportivas:...

O BNG discrepa do financiamento da Ponte do Malecón por parte da Deputación

O deputado e vicepresidente da Deputación, Efrén Castro e o portavoz municipal en Monforte,...

Desactivada a situación 2 no incendio de Soutordei en Ribas de Sil

No concello de Ribas de Sil segue activo desde as 18.22 horas deste sábado,...

O Incio tamén presenta a súa ‘axenda de lecer’ para o verán

O Concello do Incio vén de anunciar a súa variada programación de actividades para...