O encontro busca dar visibilidade a iniciativas lideradas por mulleres no ámbito da cultura e da creación artística no territorio. Así, durante a xornada, as participantes compartirán os seus proxectos, a súa traxectoria profesional e a súa visión sobre a situación actual e as oportunidades de desenvolvemento do sector cultural na Ribeira Sacra.
O encontro servirá tamén para reflexionar sobre as particularidades e desafíos de emprender sendo muller no medio rural. A actividade está aberta a todas aquelas persoas interesadas en coñecer proxectos innovadores do territorio, intercambiar experiencias e achegar a súa propia perspectiva sobre o sector artístico e cultural.
A participación é gratuíta, pero é necesario realizar inscrición previa para facilitar a organización do espazo. As persoas interesadas poden consultar máis información e anotarse a través do formulario:
https://bit.ly/mulleresartecultura Para máis información, pódese contactar con Ana no teléfono 648 16 68 48.


