HomesociedadeO Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, modelo a seguir na xestión...

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, modelo a seguir na xestión dun destino de interior

A xerente do Consorcio de Turismo vén de participar no congreso IV MEET SUBBÉTICA celebrado en Iznájar, Córdoba , convidada para explicar a traxectoria do Consorcio e do seu modelo de xestión.

Publicado o

- Advertisement -

No congreso participaron 80 persoas de perfil político, técnico e empresarial procedentes de diferentes partes de Andalucía. O sector privado, nesta comarca, fai unha chamada de atención para que se lles dea presenza, voz e voto nas decisións da Mancomunidade e que haxa un plan ou un orzamento asignado para a xestión do destino. Consideran que a mellor opción para que se dea resposta a súa demanda é a creación dun ente público-privado con fins de dinamización turística.

Conta cunha Mancomunidade integrada só polos concellos, con máis competencias que as turísticas e sen unha liña clara de acción e partida orzamentaria adicada a proxección do destino. Á marxe da Mancomunidade existe un Centro de Iniciativas Turísticas da que forman parte empresas de servizos e a Estación Naútica Lago de Andalucía no encoro de Iznájar, que xestiona boa parte da oferta complementaria da zona. Botan en falta a implicación da Junta de Andalucía e das Deputacións Provinciais que non establecen liñas de colaboración no ámbito turístico da Subbética.

Dous modelos foron os escollidos para tratar de convencer a representantes institucionais e empresarios, o da Ribeira Sacra, e a Estación Naútica Santa Carles de la Ràpita (Tarragona), neste  último caso a entidade de xestión ten maioría de capital privado e compete a un único Concello.

Na actualidade, conforman o destino da Subbética, 14 concellos con problemáticas moi similares ás de Ribeira Sacra, pero máis acusadas:

  • Localismo
  • Falta de asociacionismo e de colaboración entre os empresarios
  • Non existencia de soportes de información turística actualizados. A día de hoxe non dispoñen, alomenos, dunha web con versión en inglés cando o público internacional ten un peso importante na zona.
  • Falta de formación adaptada ás necesidades
  • Non disposición de datos de oferta e demanda turística
  • Gran descoñecemento do conxunto do destino por parte de todos os implicados

O territorio ten moitos puntos en común con Ribeira Sacra: o encoro e unha paisaxe de cultivo de viño e aceite de grandes posibilidades, ademáis do patrimonio histórico-artístico. Por todo, a xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Alexandra Seara, foi solicitada para asesorar, nos próximos meses, na posible creación dun órgano de xestión.

 

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...