HomesociedadeBalance do servizo de Teleasistencia en Taboada

Balance do servizo de Teleasistencia en Taboada

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, lembrou que esta prestación gratuíta ofrece atención a día de hoxe a 1.629 maiores en toda a provincia de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Sonsoles López fixo balance deste programa nun encontro cunha usuaria deste servizo que conta con 80 anos e vive no Concello de Taboada.

Actualmente os 67 concellos da provincia contan con usuarios e usuarias de teleasistencia, e concretamente, en Taboada son 21 persoas beneficiarias. A través deste servizo, financiado con 324.000 euros, favorécese a permanencia e integración no entorno familiar e social das persoas usuarias.

López Izquierdo sinalou que “con esta prestación gratuíta ofrecemos atención continuada aos máis maiores da provincia. A diferenza da teleasistencia da Xunta, ofrecemos este servizo a persoas catalogadas como dependentes, pero tamén a non dependentes. Durante o ano pasado o servizo de teleasistencia atendeu a 1.773 usuarios de toda a provincia, o que supón un incremento do 17,26% con respecto ao 2017. O perfil maioritario das persoas que reciben este servizo gratuíto é o de mulleres maiores de 80 anos”.

O Executivo Provincial ofrece, de balde, Teleasistencia a todos os maiores da provincia, con dificultades na súa autonomía, garantindo atención as 24 horas do día e os 365 días do ano. Con este servizo, os usuarios e os seus familiares gozan dunha maior tranquilidade sabendo que, aínda que vivan sós na maioría dos casos, contan cun sistema de chamada en situacións de emerxencia.

Cómpre lembrar tamén que o servizo chega a vilas illadas do rural lucense converténdose así tamén nun servizo de atención en caso de urxencia e de acompañamento para moitos maiores. As charlas telefónicas dos usuarios e usuarias cos teleoperadores fanlles moito ben para combater a vida en soidade nas aldeas. No ano 2018, realizáronse un total de 2.773 chamadas para falar ou saudar aos teleoperadores do Centro de Atención.

Neste sentido realízase un completo seguimento e mantense contacto coas persoas usuarias a través de comunicacións e chamadas diarias, semanais ou quincenais, dependendo da situación de cada persoa usuaria. E en casos concretos tamén se realizan visitas de coordinación como seguimento ou tras unha circunstancia excepcional.

As chamadas recibidas ao longo do ano 2018 ascenderon a 20.155, o que representa, para entendernos, só un 1,70% do total realizadas por mor dunha situación de emerxencia. Isto débese ao labor de comunicación que se realiza dende o Centro de atención, pois fronte as máis de 20.000 chamadas recibidas, realizáronse preto de 69.000 co fin de realizar un seguimento do usuario completo e semanal.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...