HomesociedadeSober dáse cita co Amandi e a rosca

Sober dáse cita co Amandi e a rosca

Este martes celebrouse o VIII Túnel do Viño de Amandi no marco da Feira da Rosca de Sober e coa experiencia gastronómica Saborea Sober. Unha proposta que uniu os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, a Rosca de Sober e diferentes produtos agroalimentarios galegos para mostrar, a través da gastronomía, a calidade, diversidade e identidade das producións de Galicia

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A experiencia proposta pola Agacal tivo como fío condutor a Rosca de Sober, reinterpretada en diferentes elaboracións e combinada con produtos galegos de calidade diferenciada. Así, degustouse un pani puri de rosca con queixo de produción ecolóxica, verduras encurtidas e sardiña afumada; unha tosta de Rosca de Sober con Lacón Galego IXP, castaña ecolóxica e chourizo de porco celta de Artesanía Alimentaria; unha crema de queixo de Artesanía Alimentaria con pera caramelizada, aceite elaborado coas variedades autóctonas Brava e Mansa de Artesanía Alimentaria, froitos secos e rosca tostada; e unha tarta de queixo con Rosca de Sober e marmelo.

A iniciativa permitiu maridar os viños de Amandi cunha gastronomía construída arredor dos produtos galegos e da súa orixe, convertendo o Túnel do Viño nun escaparate conxunto da riqueza vitivinícola e agroalimentaria do territorio. Unha combinación na que estiveron representadas diferentes figuras de calidade, desde as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas ata a Agricultura Ecolóxica e a Artesanía Alimentaria.

O director da Axencia, Martín Alemparte, incidiu ademais no papel da calidade diferenciada como ferramenta para xerar valor engadido. Os seus distintivos permiten ao consumidor identificar produtos cunha orixe e unhas características diferenciais, ofrecendo garantías de autenticidade e calidade e contribuíndo, ao mesmo tempo, a fortalecer as explotacións e industrias agroalimentarias, manter actividade económica no rural e facer territorio.

Co Plan Saborea Galicia Calidade Diferenciada, ao que a Consellería do Medio Rural destina este ano máis de 10 millóns de euros, dous millóns máis que en 2025, quérese reforzar a promoción destas producións, incrementar a súa visibilidade e mellorar o seu posicionamento nos mercados.

Alemparte salientou que accións coma a desenvolvida en Sober contribúen precisamente a este obxectivo: que o consumidor coñeza, identifique e valore os produtos galegos e que ese recoñecemento se traduza en maior valor para quen os produce e para os territorios nos que nacen.

Túnel do Viño Amandi 2026 / Consellería Medio Rural

ÚLTIMAS

A familia de Pepiño moi agradecida e sorprendida pola repercusión da exposición de pintura na Biblioteca Municipal de Escairón

José Losada, ‘Pepiño’ para os amigos, é un veciño de Escairón moi popular no...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos da súa oficialidade, a recompensa a décadas de traballo

A celebración tivo lugar neste último domingo de setembro coa participación dos integrantes das...

30.000€ para renovar o alumeado público en 8 núcleos de Sober

A Xunta destina 30.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) deste...

Os contacontos regresan á Casa da Cultura de Chantada con sesións os primeiros venres de mes

A proposta diríxese a público familiar a partir dos tres anos, ofrecendo un espectáculo...