Entre as actuacións desenvoltas recentemente levouse a cabo a mellora da accesibilidade na Praza de Abastos, que recibiu unha achega de 48.100 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) non competitivo, ou o acondicionamento das pistas de tenis no parque Eloísa Rivadulla, ao que a Xunta destina 36.000 euros da orde de infraestruturas de uso público.
Villares referiuse tamén ao obradoiro dual de emprego ‘Serra do Faro X’ que contempla entre as súas actuacións a pavimentación da praza Concepción Arenal e da rúa do Comercio, así como o acondicionamento de novas zonas axardinadas ou a colaboración na atención sociosanitaria a persoas dependentes no centro de día da Barrela. O proxecto, compartido cos concellos de Carballedo e Taboada, conta cun orzamento de 544.500 euros da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Durante a visita repasáronse tamén outras actuacións promovidas nos últimos meses en colaboración co Concello, como a humanización e creación dun parque infantil na praza Luis García Arias, a adecuación da contorna da Igrexa de Santa María de Nogueira, a rehabilitación da casa-escola de Mouricios ou a mellora da cuberta e substitución das fiestras no CEIP Xoán do Requeixo, así como a reforma da instalación eléctrica neste centro e no CEIP Eloísa Rivadulla.
No ámbito dos servizos sociais puxo de manifesto o incremento do orzamento que destina a Consellería de Política Social e Igualdade a financiar o Servizo de Axuda no Fogar, que acada nesta anualidade os 748.300 euros no municipio

