HomesociedadeO IV Encontro de Palilleiras de Monforte contará con arredor de 350...

O IV Encontro de Palilleiras de Monforte contará con arredor de 350 participantes

Celebrarase o 5 de setembro na Explanada da Compañía, en horario de 10:30 a 19:00 horas, e está organizado polo Concello de Monforte de Lemos coa colaboración da Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra. Dez postos de venda especializada estarán presentes no evento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IV Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra conta con reunir arredor de 350 persoas integradas nunha trintena de asociacións de palilleiras, cifra que pode aumentar dado que o prazo para inscribirse remata o vindeiro día 1 de setembro. Desenvolverase na Explanada da Compañía en horario de 10:30 a 19:00 h tendo como propósito xuntar persoas apaixoadas na arte do encaixe de palillos e poñer en valor esta tradición.

Ademais, a xornada contará con 10 postos de venda especializados en materiais para palillar e encaixes procedentes de diferentes localidades galegas e tamén de Madrid, que permitirán ás participantes e ao público interesado coñecer e adquirir diferentes produtos relacionados con esta actividade.

Así mesmo, e como parte do recoñecemento ao labor desenvolvido polas persoas que manteñen viva esta tradición, o Concello de Monforte fará entrega dun agasallo institucional ás representantes de cada unha das asociacións participantes.

“Desde o Concello de Monforte queremos seguir apoiando e poñendo en valor o traballo das palilleiras, que con paciencia e dedicación manteñen viva esta tradición artesanal. Ademais, este encontro permite que Monforte sexa un punto de encontro para centos de persoas que comparten a súa paixón polos encaixes e polos palillos”, sinala o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca.

PROGRAMA

10:30 h.- Recepción das palilleiras.

11:00-14:00 h.- Palillada.

12:00 h.- Inauguración da xuntanza de palilleiras.

14:00 h.- Xantar.

16:00 h.- Palillada.

17:00 h.- Sorteo de agasallos 19:00 h.- Despedida.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...