Homesociedade400 participantes de 34 asociacións no IV Encontro de Palilleiras Monforte

400 participantes de 34 asociacións no IV Encontro de Palilleiras Monforte

Este sábado pola mañá o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou o IV Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra, que acolleu na explanada da Compañía a unhas 400 persoas integradas en 34 asociacións de palilleiras, procedentes de diferentes puntos de Galicia e tamén de Castela e León e da provincia de Huelva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao longo da xornada, as participantes puideron compartir técnicas, experiencias e coñecementos, mostrando ao público o traballo, a precisión e a dedicación que hai detrás de cada peza realizada con palillos. A xuntanza contou tamén coa participación dunha decena de postos de venda especializados en encaixes e materiais para palillar, procedentes de diferentes localidades galegas e de Madrid, que permitiron ás participantes e ao público interesado coñecer e adquirir produtos relacionados con esta actividade.

Na súa intervención no acto inaugural, o rexedor destacou a elevada participación nesta cuarta edición e puxo en valor a consolidación dunha iniciativa que, segundo sinalou, “é unha cita imprescindible no noso calendario de actividades e, en particular, no programa do Verán Cultural do Concello de Monforte”. Así mesmo, subliñou que o encontro representa unha oportunidade para recoñecer o traballo das persoas que manteñen viva esta tradición artesanal.

Destacou tamén que o encontro permite achegar esta tradición ao conxunto da cidadanía, abrindo a actividade ao público e permitindo coñecer de primeira man o traballo que existe detrás de cada peza. “Con esta xuntanza abrimos unha fiestra ao público, para que os monfortinos e monfortinas, e tamén as persoas que nos visitan, poidan achegarse e coñecer de primeira man o traballo, a precisión e a beleza que hai detrás de cada peza realizada con palillos”, explicou.

Como mostra de agradecemento pola súa presenza e polo labor que realizan na conservación desta tradición, o Concello de Monforte fixo entrega dun agasallo institucional ás representantes das 34 asociacións participantes.

Con esta cuarta edición, o Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra consolídase como unha cita de referencia no sur de Lugo e na Ribeira Sacra, favorecendo o intercambio de experiencias e coñecementos e contribuíndo á conservación e difusión dunha tradición artesanal que continúa viva grazas ao traballo das asociacións e das persoas que a practican.

Encontro de Palilleiras 2026 / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...