HomesociedadeMonforte e O Saviñao adiantan a hora dos desfiles de entroido

Monforte e O Saviñao adiantan a hora dos desfiles de entroido

O empeoramento do tempo con previsión de choivas para este martes a partires das 18:30 h., fai que ambos concellos tomen esta decisión.

Publicado o

- Advertisement -

No caso do Saviñao a cabalgada de carnaval ten lugar na capitalidade, Escairón, e este cambio de plans fai que a hora de encontro das carrozas e comparsas sexa ás 16:00 h. onde o Mercado Gandeiro para dar comezo de forma oficial ás 16:30 h.

O desfile terá lugar polas rúas principais da vila co acompañamento musical da Charanga Ardores de Lalín. Ás 18:30 baile co Dúo Camelia, pancetada e chocolate con churros para os asistentes. Todo isto na carpa que hai onde a Casa do Concello. A entrega de premios está prevista para as 20:30 h.

En Monforte de Lemos o horario de comezo pasa ás 16:00 h. coa previsión de que ás 15:15 h. estean todas as carrozas e comparsas participantes preparadas no punto de saída, como é costume na Estación. O percorrido, que pasa polas rúas Calvo Sotelo e Roberto Baamonde, remata na explanada da Compañía con fin de festa musical.

Desfile de Carnaval de Monforte 2015 / XMF

No desfile monfortino participarán as seguintes formacións ‘entroideiras’:

COMPARSAS DE MÁIS DE 90 COMPOÑENTES 

1-OS VIKINGOS DO NOVO (Anpa CEIP Colexio Novo).

2-GRUÑÓPOLIS (Colexio Ferroviario).

3-PRIMAVERA DE COLOR (Fundación Educativa Torre de Lemos). 

COMPARSAS ENTRE  51 e 90 COMPOÑENTES

1-EL BAILE DE LOS PAJARITOS (Asoc. Cult. Os Xograres de Lemos).

2-EL REINO DEL HIELO (Clube Quicela Ximnasia Rítmica).

3-EL SOLDADITO DE PLOMO Y LA BAILARINA (Colexio PP. Escolapios).

4-BUSCANDO A NEMO (Produc. carne Rib. Sacra-PRODEME).

COMPARSAS ENTRE 25 e 50 COMPOÑENTES 

1-A GÁNDARA PONSE A XOGAR (AMPA CEIP A Gándara).

2-EL REGRESO DE LOS DINOSAURIOS (Comparsa de As Nocedas).

3-O “CUBA-LIBRE” DE CARUDE (Comparsa Barrio de Carude).

4-AÑO CHINO (Calvo Sotelo).

COMPARSAS ENTRE 4 e 24 COMPOÑENTES 

1-PJ MASKS (Diana Rguez. Macía).

2-AS LOLITAS (Lola Villasol Corzo).

3- BARRIO SÉSAMO NOS VISITA (Mª del Mar Rguez Prieto, Carude).

4-CARNAVAL DE VENECIA (Eulalia López Teijeiro. E.F. Moure).

5-CINE MUDO EN MONFORTE (Mª Carmen López Lorenzo).

6-BICHIÑOS (Paula Fdez Rguez).

COMPARSAS INFANTÍS  máis de 4 COMPOÑENTES 

1- SUPER HEROINAS POLA IGUALDADE (IES A Pinguela).

INDIVIDUAL ADULTO  de 1 a 3 compoñentes 

1-MALÉFICA (Mª Rocio Rguez. Gonda).

2-ECLOSIÓN: DE GUSANO A MARIPOSA (Mª del Pilar Castillo González).

3-RUMBO A TEXAS (Elena Mª Goyanes Vázquez)

4-AS MACETAS (Sandra López Blanco).

5-VENDEDOR AMBULANTE (Eduardo García Sánchez).

6-MY FALCON (Héctor Manuel Díaz  López).

INDIVIDUAL INFANTIL  de 1 a 3 compoñentes 

1-WANT TO BREAK FREE–Freddie Mercury (Uxío Gómez de la Fuente).

COMPARSAS DE FÓRA

1-OS DECIDIDOS (Millán –Sober).

2-TIC-TAC – TIC-TAC (APA Colexio da Asunción –Sarria).

3-LOS REVOLTOSOS CON KING KONG (Os Revoltosos de Sarria).

4-A MANIFESTARSE Ó CONGRESO (Cereixa).

5-PEACE & LOVE EN SOBER (Concello de Sober).

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...