HomesociedadeFolgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores...

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

O Concello de Folgoso do Courel comunicou formalmente á Xunta de Galicia a súa vontade de acoller unha residencia para persoas maiores e a súa disposición a facilitar os terreos necesarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois de recuperar a parcela cedida á Deputación de Lugo, “ao rematar o prazo do convenio asinado en 2018 sen que a residencia comprometida chegase a construírse. Tras anos de espera, o Concello volve poñer os terreos ao servizo dun proxecto que considera necesario para a veciñanza”.

O Concello de Folgoso do Courel comunicou formalmente á Consellería de Política Social e Igualdade a súa vontade de acoller unha residencia para persoas maiores no municipio, no marco do novo proxecto de centros residenciais impulsado pola Xunta de Galicia. No escrito remitido á Administración autonómica, o Concello expresa a súa disposición a facilitar unha parcela axeitada e comprométese a garantir a súa efectiva posta á disposición da Xunta dentro do prazo establecido.

A alcaldesa, Dolores Castro, sinala que o Concello seguirá traballando para que Folgoso do Courel poida contar cun recurso residencial próximo para as persoas maiores. “Coa manifestación formal da súa vontade e a dispoñibilidade dos terreos, o Concello dá un novo paso para facer posible esta infraestrutura no municipio”, conclúe a rexedora.

ÚLTIMAS

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...