HomesociedadeSober reforza a compostaxe doméstica coa entrega de 50 composteiros

Sober reforza a compostaxe doméstica coa entrega de 50 composteiros

O Concello de Sober pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica coa que entregará 50 composteiros de balde a vivendas unifamiliares do municipio. Trátase dunha iniciativa dirixida a incrementar a eficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pode acceder a este composteiro toda persoa que resida nunha vivenda illada que conte cunha parcela ou horta dun mínimo de 25 m². A veciñanza interesada pode realizar a solicitude de dúas formas:

•        A través da solicitude online, dispoñible escaneando o código QR incluído na cartelería informativa da campaña

•        Chamando ao teléfono do Concello: 982 460 001

Cada composteiro ten unha capacidade de 400 litros e debe instalarse no exterior da vivenda, tendo en conta unhas recomendacións básicas para o seu correcto funcionamento: situalo nunha zona sombreada, protexida das inclemencias meteorolóxicas; referiblemente, baixo unha árbore de folla caduca e en contacto directo coa terra, para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores.

Recuperar unha tradición do rural galego

Coa posta en marcha desta iniciativa, o Concello de Sober busca poñer en valor as vantaxes ambientais, económicas e sociais da compostaxe doméstica. Ademais, esta campaña supón unha oportunidade para recuperar unha tradición xa asentada no rural galego —a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost—, actualizándoa mediante un sistema máis óptimo, hixiénico, cómodo e eficiente.

Deste xeito, o Concello reafirma o seu compromiso coa xestión sostible dos residuos e coa mellora ambiental do municipio, ofrecendo á veciñanza unha ferramenta sinxela e gratuíta para reducir a xeración de residuos orgánicos dende os propios fogares. Máis información e solicitudes:  982 460 001 ou a través da web oficial do Concello concellodesober.com

ÚLTIMAS

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...