HomesociedadeBaixa o paro en Quiroga

Baixa o paro en Quiroga

Tras coñecer os datos de febreiro é o único concello que consegue rebaixar o número de desempregados/as. Monforte e Chantada aumentan as cifras en 5 e 10 desempregados respectivamente.

Publicado o

- Advertisement -

A secretaria de CC. OO. Lugo vén de comunicar que o mes pasado non foi nada bo para a contratación no sur lucense ao aumentar o paro en 5 persoas en Monforte e en 10 en Chantada. Quiroga con 12 desempregados menos é a excepción da tónica negativa predominante.

A cifra de parados está en 2.614 e a precariedade laboral segue instalada nas dinámicas de contratación. Segundo afirman dende a secretaría de acción sindical 9 de cada 10 contratos realizados son temporais e o 70% dos contratos de media xornada, un clásico tamén na zona. Lembran, ademais, que dende o goberno prometeuse a derrogación da reforma laboral, causante principal da proliferación de contratos temporais, e non se cumpriu.

O sindicato considera que a maioría dos contratos eventuais fanse en ‘fraude de lei’ ao entender que para un traballo estable ou fixo contrátase a unha persoa por meses, semanas e incluso días.

As cifras de paro do mes do pasado mes de febreiro por concellos nas comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga: Bóveda, 57 desempregados/as, Monforte 1132, A Pobra do Brollón 82, Pantón 98, O Saviñao 189, Sober 100, Carballedo 79, Taboada 114, Chantada 471, Ribas de Sil 61, Quiroga 188 e Folgoso do Courel 43.

Como balance, o secretario de acción sindical Mario Docasar denuncia as prácticas abusivas dalgunhas empresas da comarca para ‘despidos doados’ e ve con certa preocupación as cifras de contratación de mulleres ao atopar concellos como Monforte ou Ribas de Sil nos que o paro feminino é bastante maior que o masculino.

acción contra a pobreza enerxética

O sindicato comarcal de Comisións Obreiras valorou moi positivamente o apoio dos monfortinos e monfortinas na recollida de sinaturas que fixeron a pasada semana en Monforte de Lemos para esixir ao Goberno a ampliación do bono social de cara a combater a pobreza enerxética.

Recolléronse un total de 551 sinaturas en menos de 5 horas.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...