HomesociedadeA loita contra a desinformación chega a Chantada este 14 de novembro

A loita contra a desinformación chega a Chantada este 14 de novembro

Os obradoiros contra a desinformación postos en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa subvención da Deputación de Lugo continúan esta semana a súa andaina polo sur da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves, 12 de novembro, a alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia chegaba a Sarria, e este sábado 14 de novembro, un novo obradoiro vai ter lugar en Chantada, na Aula CeMIT (Rúa da Ribeira Sacra, 12), a partir das 12:00 do mediodía.

Elena Martín Lores vai ser a encargada deste taller que tamén está dirixido a fornecer de estratexias para distinguir a verdadeira información e converterse nun actor máis da loita contra as noticias falsas e o dano que producen na nosa sociedade. Realizadora audiovisual, xornalista e tradutora, Martín Lores forma parte da cooperativa de comunicación social Xarda e colabora en varios medios de comunicación como O Salto Galiza, GCiencia, Traveler ou Pikara Magazine.  

Todos os formadores recibiron formación específica en alfabetización mediática para poder trasladar á poboación dunha maneira máis eficiente as mellores estratexias para recoñecer e combater a desinformación. A actividade está aberta ás persoas interesadas sen necesidade de inscrición previa.

ÚLTIMAS

‘Saborea e Canta o Outono’ na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...