HomesociedadeLavado de cara para Monforte

Lavado de cara para Monforte

O Concello está limpando en profundidade as rúas máis transitadas da cidade. Tamén se vén de estrear a iluminación do Parque dos Condes e do Paseo de Piñeira.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte acordou coa empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria e recollida de lixo do Concello, a realización dun proxecto de limpeza en profundidade das zonas peonís e das rúas máis transitadas da cidade.

Xa se levaron a cabo labores de limpeza na praza da Estación, na rúa Calvo Sotelo, na rúa Santa Clara, na praza do Campo de San Antonio, na praza Doctor Goyanes, na rúa de Galicia, onde se ubica a parada de taxis, e na praza de España. Nos vindeiros días traballarase na rúa Cardenal, a rúa Hermida Balado, a rúa Doutor Teixeiro, a rúa do Comercio, a Praza dos Chaos, a rúa Roberto Baamonde, a rúa Hortas, a rúa Otero Pedrayo e a rúa Poeta Lois Pereiro. Posteriormente limparase a zona da Compañía, a avenida de Galicia dende a parada de taxis ata a rúa Ourense, o paseo de Lugo e outras zonas que se consideren de interese pola presencia dun alto número de persoas.

Estacionamento Parque dos Condes / Concello de Monforte

Por outras banda o Concello de Monforte conta con nova iluminacion no estacionamento do Parque dos Condes e no primeiro treito do Paseo Fluvial entre a pasarela do estacionamento e a pasarela do acceso ó futuro parque de Cobas.

No estacionamento cóntase con 16 proxectores de LED. O custe da obra ascendeu a 37.370 euros e foi realizada pola empresa Raúl e Hijos SL, con sede en Monforte.

No Paseo Fluvial colocáronse 28 farolas de LED, 24 van colocadas en liña ao longo do paseo e as outras 4 van ubicadas nas pontes a modo de proxectores. O custe desta obra ascendeu a 29.600 euros e foi realizada pola empresa monfortina, CYME Santos Héctor.

Paseo de Piñeira / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...