HomesociedadeIntensa actividade do IES A Pinguela de Monforte

Intensa actividade do IES A Pinguela de Monforte

Semana de intercambios, éxitos deportivos e accións formativas neste centro de ensino monfortino.

Publicado o

- Advertisement -

Alumnado do Licée Édouard Branly, de Châtellerault en Francia rematou o pasado mércores a súa estancia en Monforte co gallo dunha actividade de intercambio co IES A Pinguela. Ademais de participar nas clases e diferentes actividades escolares, os rapaces franceses visitaron lugares emblemáticos da Ribeira Sacara como a fervenza de Augacaída e o Convento das Bernardas así como tamén o Museo do Ferrocarril en Monforte. Na primeira quincena de abril serán os alumnos/as monfortinos/as os que visiten Francia.

No apartado deportivo, o IES A Pinguela presume esta semana pola clasificación das alumnas Cecilia Quiroga e Alba Varela como segunda e terceira clasificadas respectivamente na categoría de cadete no Campionato provincial escolar de orientación. Este campionato, no que participaron preto de 400 alumnos/as de entre 12 e 15 anos de nove centros educativos da provincia, forma parte do programa Xogade que impulsa a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Cecilia e Alba do IES A Pinguela. Foto: E. Sampil

A modalidade de orientación é un deporte no que os participantes compiten nunha carreira individual, contra reloxo e nun terreo descoñecido no que teñen que ir pasando por unha serie de puntos considerados controis sempre debidamente sinalizados.

En canto á formación especializada impartida estes días no centro destacou a presenza de Mª Belén Méndez Naya, profesora de Filoloxía Inglesa na USC. Impartiu unha interesante conferencia sobre a evolución do vocabulario do inglés ao alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato. O título da charla formativa foi “A journey through the history of the vocabulary of English. Unha viaxe no tempo: O vocabulario do inglés a través da historia”.

Mª Belén Méndez, na conferencia. Foto: E. Sampil

 

 

ÚLTIMAS

Fin de semana de Magosto, micoloxía e teatro en Pantón

Este sábado, 8 de novembro, o Concello de Pantón celebra no Pavillón Municipal un...

XXXVI Festa da Castaña do Courel

En tempo de magostos, a Festa da Castaña do Courel é xa un referente...

Ata o 21 de novembro pódense solicitar axudas á creación de empresas en Monforte

As solicitudes poderán presentarse ata oi 21 de novembro, mediante modelo normalizado, no Rexistro...

“Pura”, curta gañadora dos últimos Mestre Mateo, proxéctase este 7 de novembro en Quiroga

A curta, dirixida por Carmen Méndez, narra a historia dunha muller que volve á...