HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra acode a Vinis Terrae os días 1 e...

A D.O. Ribeira Sacra acode a Vinis Terrae os días 1 e 2 de abril

A D.O. Ribeira Sacra acode a Vinis Terrae despois dos bos resultados da participación en Prowein. A seguinte cita coa promoción internacional para os viños da Demominación de Orixe Ribeira Sacra será o Salón Gourmets en Madrid, do 8 ao 11 de abril.

Publicado o

- Advertisement -

Vinis Terrae, o salón profesional especializado en viño e licores galegos de calidade, chega á súa sexta edición. Durante dous días, Expourense convértese nun gran centro de negocios no que se facilitará o contacto directo entre adegas e compradores nacionais da distribución e da hostalería, así como importadores de distintos países, como Alemaña, Países Baixos, Estados Unidos, Polonia, Austria e Reino Unido. Tamén estarán presentes en Ourense representantes da prensa especializada nacional e internacional.

Presentación VinisTerrae / Expourense

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra acode con stand propio no que, en horario de 10.00 a 18.00 h., darase información sobre os viños e repartirase material promocional da Denominación. Ademais, os viños da D.O. Ribeira Sacra formarán parte das catas comentadas que desenvolve o EVEGA.

A D.O. Ribeira Sacra estará representada tamén a través de adegas que acoden a Vinis Terrae a nivel particular, é o caso de Adegas Cachín, Adega Tear, Adega Ribada, Adega Régoa, Adegas Pilares de Belesar, KarmadoSil, Rectoral de Amandi e Virxen dos Remedios.

Vinis Terrae ofrece novas oportunidades comerciais para os viños da D.O. Ribeira Sacra en mercados nacionais con gran concentración turística e permite xerar contactos no estranxeiro con interesados na produción galega, impulsando a exportación no sector.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...