HomesociedadeMonforte respalda a entrada de Tui na Red de Juderías

Monforte respalda a entrada de Tui na Red de Juderías

O alcalde, José Tomé e a tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada participaron na 51 Asemblea Xeral da Red de Juderías de España na que se anunciou a admisión á Asociación de Tui, Sagunto, Lorca e Béjar.

Publicado o

- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, manifestou o apoio de Monforte ao ingreso de Tui na Red de Juderías polo “excepcional legado sefardí que atesoura. Tui posúe un legado xudeu moi importante no que destacan os “Sambenitos”, pezas únicas en Europa, atopados fai anos no arquivo da Catedral e que están agora no Museo Diocesano. Na rúa Canicouva está a Casa de Salomón, única en Galicia na súa tipoloxía”.

A Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad, á que pertence o Concello de Monfore, é unha Asociación constituída por municipios que contan, nos seus conxuntos medievais, cun patrimonio arquitectónico, histórico, medioambiental e cultural, herdanza das Comunidades xudías que os habitaron.

Os membros da Rede actúan de forma conxunta en defensa do patrimonio histórico e legado xudeu promovendo proxectos culturais, turísticos e académicos e realizando unha política de intercambio de experiencias nacionais e internacionais que contribúan ao coñecemento e respecto mutuo de pobos, culturas e tradicións. A falta das novas incorporacións, integran a Rede, Ávila, Barcelona, Cáceres, Calahorra, Córdoba, Estella-Lizarra, Hervás, Jaén, León, Lucena, Monforte de Lemos, Plasencia, Ribadavia, Segovia, Tarazona, Toledo e Tudela.

A Asociación actúa sen ánimo de lucro e con plena independencia na defensa deste legado. A Red de Juderías de España, na súa proxección internacional, é membro fundador do Itinerario Europeo do Patrimonio Xudeu, e realiza unha intensa labor de difusión no estranxeiro.

Exposición na Casa da Cultura na primeira quincena de abril

A Casa da Cultura de Monforte de Monforte acolle entre o 2 e o 15 de abril, a exposición de Ángel Martínez Díaz. Trátase de pezas elaboradas con materiais naturais como pedras, cunchas, minerais,…

O artista, orixinario de Monforte, vive actualmente en A Coruña, e achega á cidade do Cabe unha completa mostra de obras nas que predominan os motivos animais e naturais.

Cartel da exposición

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...