HomesociedadeAmandi de Sober e Villaviciosa, contactos para o seu irmandamento

Amandi de Sober e Villaviciosa, contactos para o seu irmandamento

Este irmandamento pretende contribuír na promoción do viño e da sidra, os principais reclamos destes territorios.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, mantivo xa os primeiros contactos co seu homólogo, o rexedor de Villaviciosa, Alejandro Vega, para levar a cabo o irmandamento das parroquias de Amandi.

Amandi, no Concello de Sober destaca por ser unha das principais produtoras de viño do municipio, ademais de dar nome a unha das subzonas da D.O. Ribeira Sacra, mentres que a asturiana é coñecida por ser produtora de sidra.

As dúas parroquias, a galega e a asturiana, pretenden facer un acto de irmandamento este mesmo ano para selar a súa alianza. O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que a iniciativa pretende contribuír na promoción do viño e da sidra, os principais reclamos destes territorios.

O Concello de Sober levou a cabo un acto similar en xullo de 2014 cando se irmandou co grupo de rock Sôber para poñer en valor a coincidencia do nome do grupo co topónimo do municipio. O rexedor recorda que foi un acto “moi especial” que trouxo consigo a posibilidade de que un grupo dese nivel actuara en Sober xa en dúas ocasións, a última delas nas Festas do Carme do ano pasado, e de que leven o nome do noso Concello polo mundo enteiro.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...