HomesociedadeTurismo e Formación para esta Semana Santa na Pobra do Brollón

Turismo e Formación para esta Semana Santa na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón pon en marcha na Semana Santa, visitas guiadas. Do 13 ao 19 de abril cóntase con dúas propostas, Adegas da Memoria e Castro de San Lourenzo. Ademais, Cereixa acolle do 14 ao 17 de abril un Campamento de primavera destinado a mozas e mozos de entre 8 e 15 anos.

Publicado o

- Advertisement -

Adegas da Memoria, ofrece un paseo que une o conxunto de adegas tradicionais de Vilachá co Miradoiro da Capela sobre a Ribeira Sacra, percorrendo a memoria do lugar e os sabores dos seus viños. A proposta vincúlase ao proxecto mutidisplinar que vén de presentar o concello e que pon en valor as adegas de Vilachá, os conventos, os socalcos e a xente, a través do estudo científico da súa contorna e recollendo todo o proceso nunha serie que se pode ver a través da web https://adegasdamemoria.com. Este xoves día 4 de abril estrearase o primeiro capítulo da serie.

Este paseo rematará con visita ás adegas para probar os viños. A visita é de balde, pero o prezo dos viños dependerá do que fixe cada adegueiro. O punto de encontro para esta actividade é nas adegas de Vilachá ás 11.00h.

A outra visita guiada desta Semana Santa na Pobra do Brollón é ao Castro de San Lourenzo. A proposta pretende dar a coñecer este castro con reocupación medieval con igrexa e camposanto, que servirá de base para coñecer a historia da parroquia. O punto de encontro para esta actividade é a pé do castro ás 17.00 h. O teléfono para Información e reservas sobre as visitas guiadas é o 650 624 828

Campamento de primavera en Cereixa

Cereixa acolle do 14 ao 17 de abril un Campamento de primavera destinado a mozas e mozos de entre 8 e 15 anos.

A actividade encádrase nas propostas do proxecto educativo sen ánimo de lucro, Altair Galiza. Para participar é necesario inscribirse a través do correo seteportaslaltair@gmail.com ou do teléfono 676 51 55 93. O obxectivo do campamento é aproveitar o tempo de lecer, desenvolvendo xogos e actividades na natureza, traballando con valores educativos non competitivos e explorando o autoconcepto. Favorécese a aprendizaxe libre nun espazo de diversión. A actividade ten un custe de 50 euros para as socias e 70 para as non socias.

Con estas actividades o Concello continúa coa aposta de aproveitamento dos seus recursos culturais e patrimoniais tanto a nivel turístico como formativo. Ademais das actividades propias, o Concello apoia e dá cabida a propostas de diversas asociacións tanto locais como de fóra, fomentando o traballo en rede.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...