HomesociedadeQuiroga presume de confrada e de pregoeiro

Quiroga presume de confrada e de pregoeiro

A Confraría do Viño de Quiroga aproveitará a súa asemblea anual ordinaria deste sábado 6 para investir á súa primeira confrada e o concello vén de anunciar quen será o pregoeiro da Feira do Viño 2019.

Publicado o

- Advertisement -

A Confraría do Viño de Quiroga celebra o seu capítulo anual ordinario coincidindo coa cata dos viños aspirantes a participar na XXXVII Feira do Viño de Quiroga. O programa de actos para a xornada será o seguinte:

12:00 h. Reunión dos confrades na Casa do Concello de Quiroga.

12:15 h. Solemne acto de investidura da nova confrada Dna. Mª Balbina Álvarez Rodríguez, elixida pola Asemblea da Confraría do Viño de Quiroga o pasado 9 de marzo.

12:30 h. Desfile dos/das confrades dende a Casa do Concello ata a sala de catas do Museo Etnográfico de Quiroga.

13:00 h. Cata dos viños aspirantes á XXXVII Feira do Viño de Quiroga.

14:00 h. Asemblea anual ordinaria da Confraría do Viño de Quiroga coa seguinte orde do día: Lectura e aprobación da acta anterior, informe do Presidente, estado de contas e rogos e preguntas.

14:30 h. Comida de confraternidade.

pregoeiro da feira do viño 2019

O pasado xoves 4 de abril, o Concello de Quiroga desvelaba o nome do pregoeiro desta edición. Como xa é costume, a estratexia mediática para crear expectación consiste en apurar ás últimas semanas para dar a coñecer o nome do/a elixido/a e dar por feito que este cumprirá con dous requisitos, ser unha cara coñecida da farándula e ter traballado no Grupo Mediaset.

Tras esa intriga creada, facíase oficial que o escollido era o actor Pablo Chiapella Cámara, coñecido principalmente por a interpretación de papeis  como o de Amador Rivasna  serie de Telecinco “La que se avecina” ou o  de Moncho Heredia en “Aquí no hay quien viva.

Pablo Chiapella. Fonte: RTVE.es

Chiapella é diplomado en maxisterio pero como lle tiraba o mundo artístico tirou por este camiño e diplomouse tamén en Arte Dramático. A decisión parece que foi acertada pois a día de hoxe conta xa cunha longa traxectoria como actor, monologuista e presentador na canle temática Paramount Comedy e tamén en Antena 3, TVE e Telecinco.

Pertence  ao denominado “Cuarteto de Albacete”, un grupo de humoristas manchegos da “quinta dos Chanantes” que formou con Joaquín Reyes, Ernesto Sevilla e Raúl Cimas. Un dos traballos de éxito máis recentes que fixo foi presentar o programa “El paisano” en La 1 de TVE.

Atrás quedan aqueles anos nos que o pregón non estaba centrado en figuras famosas do panorama televisivo e dan fe diso os nosos compañeiros de Diario de Quiroga cunha interesante ‘historia do pregón da Feira do Viño’.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...