HomesociedadeÉ compatible que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade co actual...

É compatible que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade co actual trazado proposto para a A-76?

A Plataforma contra a A-76 pola Ribeira Sacra alédase da candidatura pero advirte que se non se modifica o trazado da autoestrada, non hai posibilidades reais de converterse en Patrimonio da Humanidade.

Publicado o

- Advertisement -

Dende os seus inicios a Plataforma contra a A-76 pola Ribeira Sacra, asegura que mantén unha aposta clara, firme e decidida polo nomeamento desta zona como Patrimonio da Humanidade, e dí sentirse satisfeita pola oficialización da súa candidatura.

Chegado a este momento, a Plataforma recorda que, de levarse a cabo o trazado actual do proxecto da autoestrada A-76, non hai posibilidades reais de acadar o nomeamento como Patrimonio da Humanidade. O informe técnico realizado fai 4 anos, polo equipo multidisciplinar de expertos coordinado polo anterior Valedor do Pobo, recolle que, de executarse o trazado actualmente previsto para a A-76 sería totalmente imposible a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

A Plataforma insta aos representantes políticos a acadar unha modificación cara un trazado que “evite unha desfeita social e medioambiental e que ofreza posibilidades reais para o recoñecemento desta zona como Patrimonio  da Humanidade.”

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...