HomesociedadeAutorizada a licitación dos contratos para a conservación da N-120 e da...

Autorizada a licitación dos contratos para a conservación da N-120 e da N-540

O Consello de Ministros vén de autorizar a celebración de dous contratos de servizos para a conservación e explotación da N-120 e a N-540 cun investimento de 19 millóns de euros.

Publicado o

- Advertisement -

Os contratos de servizos para a execución de operacións de conservación e explotación teñen por obxecto realizar os traballos de servizos de comunicacións, servizos de vixilancia, atención a accidentes, mantemento dos elementos da estrada, mantemento sistemático das instalacións de subministración de enerxía eléctrica, iluminación, sinalización variable e semaforización.

Ademais, inclúense os labores de establecemento de inventarios e recoñecementos de estado, axenda de información de estado e funcionamento da estrada, programación, coordinación, seguimento e información da execución dos traballos, actuacións de apoio á explotación, estudos de accidentalidade e informes de seguridade viaria. Así mesmo, realizaranse os traballos de roza, fresadose reposición do firme, limpeza de cunetas, e en xeral, todos os labores de conservación ordinaria das vías ao seu cargo.

Os contratos afectan na N-120 aos seguintes tramos:

  • N-120, pk 472+800 al pk 548+800
  • N-120a, pk 526+500 al pk 531+900, tramo: Monforte – Ferreira de Pantón
  • N-120a, pk 533+600 al pk 548+800, tramo: Ferreira de Pantón – L.P. Lugo-Ourense

A N-120 contará con inversións na provincia de Ourense

  • N-120 de Logroño a Vigo, pk 439+900 a 472+800 y 548+800 A 610+000

Na N-540 os tramos obxecto do contrato son:

  • N-540, pk 0+000 al pk 68+900, tramo: Lugo – L.P. Ourense
  • N-540a, pk 7+300 al pk 8+300, tramo: Travesía de Calde

E na provincia de Ourense:

  • N-540 de Lugo a Ourense, pk 68+800 a 78+500
    N-120a L.P. Lugo a Ourense, pk 84+800 a 85+660 y 86+680 A 104+700

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...