HomesociedadeC@urel Vivo quere prazas habilitadas para a aterraxe de helicópteros

C@urel Vivo quere prazas habilitadas para a aterraxe de helicópteros

A formación política presenta unha moción no concello de Folgoso do Courel para facer inventario de coordenadas e prazas habilitadas para aterraxe de helicópteros do 112, despois de ver os problemas que ten habido neste territorio para esta manobra.

Publicado o

- Advertisement -

A iniciativa de C@urel Vivo débese á falta de protocolos e coordinación para este tipo de aterraxes que poderían salvar vidas. C@urel Vivo propón preparar, polo menos, 9 zonas, unha por parroquia,  para que poida aterrar o helicóptero.

Suxiren que se poden utilizar pastizais, prados, cruces de estradas,… Os requirimentos técnicos serían de alomenos 13x13m de superficie e non máis de 7% de pendente.

Desde C@urel Vivo apuntan, que estas zonas correctamente xeolocalizadas e compartindo as coordenadas co 112 e ambulancias locais,  GES… Serían un paso máis pola seguridade dos veciños do concello

Na moción piden que desde o Concello  se localicen e limpen os accesos a estes lugares e que se lle dea traslado das coordenadas ó 112, GES e ambulancias da zona.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...