HomeSucesos‘Busca e captura’ internacional para localizar un sospeitoso de maltrato animal con...

‘Busca e captura’ internacional para localizar un sospeitoso de maltrato animal con resultado de morte en Sober

Os colectivos animalistas Fundación Franz Weber e Libera valoran a emisión dunha orde de "busca e captura" contra un presunto maltratador animal que disque puido dispararlle a un can na boca desencadeando a súa morte.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo sinalan estas dúas asociacións nun comunicado, o presunto autor do disparo fuxiría a un país estranxeiro que se sospeita podería ser Rusia. Dada a circunstancia da fuxida, reclaman que o xulgado ao que remitiron dilixencias,  o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e a Xunta, empreguen a ferramenta da “busca e captura”.

Libera e Fundación Franz Weber aseguran que “a gravidade” deste caso, no que se fixo uso dunha arma de fogo e rematou coa intervención veterinaria e a eutanasia do can, “son motivos suficientes” para interpelar a outros estados para atopar ao autor dos feitos.

Os colectivos animalistas indican que podería tratarse, “probablemente da primeira” orde deste tipo para un sospeitoso de dar morte a un animal e suxiren que debería ser unha práctica xudicial “máis habitual”. Lembran, que os malos tratos animais é un delito contemplado no Código penal e que aplicar a busca e captura pode ser de gran utilidade “para evitar que a impunidade destes sucesos acaben favorecendo a súa repetición”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...