HomeComarca de SarriaSarriaFalece un home nun accidente de circulación no concello de Sarria

Falece un home nun accidente de circulación no concello de Sarria

O sinistro produciuse na estrada que une Monforte de Lemos coa capital da provincia.

Publicado o

- Advertisement -

Este luns día 24 rexistrouse un accidente de circulación en Sarria no que colisionaron un coche e un camión. O condutor e único ocupante perdeu a vida no choque, que se produciu arredor das 18:25 horas na CG-2.2, a estrada que une Monforte de Lemos con Lugo.

Foi preciso cortar o tráfico na vía en ambos sentidos da circulación e desviar os vehículos cara á saída do Oural. Logo do sinistro foi precisa a intervención do 112 de Galicia, as Urxencias Sanitarias – 061, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Sarria e o servizo de mantemento da vía.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...