HomeSucesosCalcinado un alpendre en Paradela

Calcinado un alpendre en Paradela

Publicado o

- Advertisement -

Por sorte ningunha persoa resultou ferida e os animais puideron ser retirados a tempo ao pouco de terse declarado o lume. A estrutura colapsou calcinando as alpacas de herba seca amoreadas no interior do alpendre.

Nada mais recibir a chamada de alerta de varios dos veciños próximos ao lugar, sobre as 22:45 horas deste pasado venres, o 112 Galicia pasou aviso aos Bombeiros de Sarria que decontado se desprazaron ao punto, no lugar de Bariz, no concello de Paradela. Do mesmo xeito, os efectivos de Garda Civil tamén foron informados da situación.

Ao fío das 05:15 horas de hoxe sábado, os membros do servizo de extinción de Sarria comunicaban a total extinción do lume.  Dados os desperfectos ocasionados foi precisa a intervención de maquinaria especial para remover os restos da estrutura e as alpacas de herba.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...