HomeSucesosRedada na Rúa Duquesa de Alba de Monforte

Redada na Rúa Duquesa de Alba de Monforte

Axentes da policía nacional e científica interviron o pub Kviar na "rúa da movida" de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Ó redor das 2:15 da madrugada, dous axentes da policías nacional, acompañados por axentes da policía científica de Lugo, irromperon no pub Kviar co obxectivo de acopiarse de cocaína que supostamente se vende no local ó menudeo. Segundo fontes consultadas, non puideron cumprir co seu obxectivo posto que, o suposto traficante non se atopaba no local á hora da intervención.

No bar tamén se encontraron con varios menores de idade que estaban celebrarando o aniversario dun deles. Un dos menores, unha nena de 13 anos, foi retirada da festa no coche das forzas da autoridade.

Esta intervención policial vense a sumar a outra acometida o pasado mes de marzo noutro local da mesma rúa na que se detiveran dúas persoas e se decomisaran 10 gramos de cocaína.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...