HomeSucesosArde unha palleira en Paradela sen provocar danos persoais

Arde unha palleira en Paradela sen provocar danos persoais

Publicado o

- Advertisement -

Un incendio deixou reducido a cinzas unha palleira no municipio lucense de Paradela e todos os rolos de herba que os seus propietarios gardaban no seu interior, segundo informou o Centro Integral de Atención a Emerxencias de Galicia (CIAE).

O incendio comezou sobre as 21:15 horas da pasada noite e, segundo o 112, a pesar dos cuantiosos danos materiais, ningunha persoa resultou ferida. Un particular alertou a través de teléfono de emerxencias de que estaba a arder á beira da súa casa un alpendre ocupado antigamente por animais, no que agora os seus propietarios gardaban a herba ensilada, no lugar das Bustaregas, na parroquia de Castro de Rei de Lemos.

Aínda que o lume xa quedou totalmente extinguido, os servizos de emerxencias seguirán vixiando a zona ao longo do día de hoxe para evitar que as chamas se reaviven.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...