HomeSucesosDetido un veciño de Monforte de 60 anos por pedofilia

Detido un veciño de Monforte de 60 anos por pedofilia

O detido no momento da detención estaba a descargar e compartindo arquivos de contido sexual. A intervención dos servizos centrais da Dirección Xeral da Policía en CIBERDELINCUENCIA, son o alicerce fundamental para detectar e terminar con estas condutas delituosas.

Publicado o

- Advertisement -

Funcionarios da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, dentro da Brigada de Policía Xudicial, detiveron a un home de sesenta anos de idade, veciño de Monforte de Lemos con antecedentes policiais, por un delito de pornografía infantil. A Unidade Central de Ciberdelincuencia, sita en Madrid, pon en coñecemento da Comisaría Provincial que se detectou, dentro dos varridos que se realizan habitualmente para interceptar condutas delituosas dentro da rede, que a través das aplicacións NORDIEMULE e CHILD PROTECTION SYSTEN ( CPS), están a compartirse arquivos de contido pedófilo.

Por parte da Brigada de Policía Xudicial, iníciase de inmediato a investigación, solicitando ao Xulgado de Garda de Lugo, Mandamento xudicial para que a compañía telefónica correspondente diga onde esta a dirección IP, desde a que se estaban compartindo eses arquivos.

Este martes cos mandamentos xudiciais, en presenza dos funcionarios do xulgado e das Brigadas de Policía Xudicial de Lugo e Monforte, procédese á entrada e rexistro da vivenda e local comercial do agora detido, onde se pode verificar que efectivamente, estaban a descargarse arquivos con contido pedófilo, ata un total de cincuenta e cinco, e ao mesmo tempo compartíndoo a través dos portais específicos da rede. O detido pasou a disposición xudicial, quen ditamina a liberdade con medidas cautelares.

ÚLTIMAS

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...

Monforte celebra o San Antonio

O día grande das festas e xornada de gran tradición no barrio de San...