HomeSucesosFerida unha muller de 43 anos nun aparatoso accidente de tráfico en...

Ferida unha muller de 43 anos nun aparatoso accidente de tráfico en Monforte

O suceso produciuse á primeira hora desta mañá, cando dous vehículos chocaron no centro urbano da vila.

Publicado o

- Advertisement -

EFE.- Unha muller de 43 anos de idade, con iniciais M. F. S, resultou ferida á primeira hora da mañá nun aparatoso accidente de circulación que se produciu no centro urbano de Monforte de Lemos.

Segundo informaron fontes dos servizos de emerxencias, o sinistro produciuse ás 07:56 horas, por mor dunha colisión por alcance entre dous vehículos na rúa Doutor Casares.

A persoa que avisou ao 112 informou de que un dos condutores implicados resultara ferido, polo que, ademais de mobilizar á Policía Local, a Protección Civil e aos Bombeiros de Monforte, tamén foi mobilizado o servizo de urxencias sanitarias do 061.

O 061 enviou ao lugar do accidente a unha ambulancia de soporte vital básico que, despois de prestarlle os primeiros auxilios no mesmo lugar do accidente, evacuou a vítima ao Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...