HomeSucesosDúas mulleres de Chantada intoxicadas polo mal funcionamento dun quentador

Dúas mulleres de Chantada intoxicadas polo mal funcionamento dun quentador

A rápida reacción dunhas veciñas de Chantada permitiu que abandonaran e ventilaran a súa vivenda en canto sentiron os primeiros síntomas dunha posible intoxicación por gas.

Publicado o

- Advertisement -

As dúas intoxicadas, nai e filla, foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia para someterse a un recoñecemento médico debido ás dores de cabeza que lles provocou a fuga polo mal funcionamento dun quentador de auga.

Segundo relataron as mulleres afectadas, o malestar apareceu xusto despois de ducharse, polo que rapidamente sospeitaron que se estaba a producir un escape do que debían protexerse. Así, cortaron o subministro do gas, abriron as fiestras e saíron a unha terraza exterior da vivenda ata que recibiron a atención dos servizos sanitarios de urxencia.

Pasaban apenas un par de minutos da medianoite cando o 112 Galicia recibiu a chamada dunha das afectadas, que explicou que, ademais dos síntomas que experimentaban, dous paxaros que tiñan na cociña morreran de forma repentina, polo que todo apuntaba a que un mal funcionamento do quentador estaba a provocar unha fuga.

Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Chantada co fin de restablecer as condicións de habitabilidade na vivenda. Tamén, foron informados os técnicos da empresa subministradora do gas e os axentes da Policía Local.

Cómpre sinalar que había máis persoas no interior do domicilio, situado na Avenida de Monforte, pero só dúas, a nai e a filla, necesitaron ser trasladadas a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...