HomeSucesosIdentificados na provincia tres condutores con taxas de alcol penalmente sancionables

Identificados na provincia tres condutores con taxas de alcol penalmente sancionables

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil identificou ao longo dos últimos tres días a tres condutores con taxas de alcolpenalmente sancionables. Un deles foi interceptado en Barreiros, o outro en Samos e no terceiro caso trátase dun motorista.

En Samos o condutor investigado é un varón de 24 anos, implicado nunha saída de vía sen feridos no quilómetro 29,500 da estrada LU-633(Pedrafita do CebreiroPalas de Rei), termo municipal de Samos. Ao estar implicado nun accidente de tráfico sometéuselle ao test, arroxando unha taxa de 0,65 mg/l.

A Garda Civil lembra que a condución dun vehículo de motor ou ciclomotor baixo a influencia de bebidas alcohólicas, e en todo caso cando se conduce cunha taxa de alcol en aire expirado superior a 0,60 miligramos por litro ou cunha taxa de alcol en sangue superior a 1,2 gramos por litro taxa xa detallada, constitúe un ilícito penal que pode carrexar penas de prisión de ata seis meses de duración.

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...