HomeComarca de SarriaSarriaVenda de falsificacións nun posto ambulante de Sarria

Venda de falsificacións nun posto ambulante de Sarria

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un súbdito marroquí, de 36 anos, veciño de Lugo como suposto autor dun delito contra a propiedade industrial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No marco da loita contra a falsificación de pezas e complementos cuxa venda xera prexuízos económicos aos comerciais, axentes da Garda Civil comprobaron a existencia dun posto ambulante no mercado de Sarria, no cal se expoñían á venda unha serie de pezas (suadoiros) de marcas de recoñecido prestixio.

As presuntas falsificacións ou imitacións alcanzan certo grao de verosimilitude, desde o proceso de fabricación, etiquetaxe e embalaxe resultando en moitas ocasións difícil diferenciar a orixinal da copia. A persoa investigada carecía de autorización para calquera clase de actividade concedida polos titulares dos correpondentes dereitos de propiedade industrial, así como prezo, características, envoltorios, etiquetaxes, calidade do material e ausencia de facturas.

A persoa investigada e o material intervido foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de Sarria.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...