Segundo informou o Instituto Armado, tras ter coñecemento a mediados do pasado mes da subtracción dun alambique do interior dun alpendre situado no termo municipal de Folgoso do Caurel iniciouse unha investigación policial para esclarecer os feitos.
As persoas investigadas supostamente venderon anacos de cobre, cun peso total de 80 quilogramos, nunha chatarrería situada no municipio coruñés de Bergondo.
As mesmas fontes indicaron que as dúas persoas investigadas en relación con estes feitos foron postas a disposición xudicial.