HomeSucesosPiden 7 anos de cárcere para a nai e os seus dous...

Piden 7 anos de cárcere para a nai e os seus dous fillos por vender droga nun bar de Monforte

O ministerio fiscal solicita 21 anos de cárcere -sete para cada un deles- para unha nai e os seus dous fillos por vender droga no bar que rexentaba a familia en Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Policía Nacional interceptara a varios supostos compradores de cocaína, nun dispositivo de vixilancia que puxo en marcha ante a sospeita de que no local estaba a venderse droga.

O 14 de novembro de 2017 o Xulgado de Instrución número 2 de Monforte autorizou o rexistro do establecemento e dos domicilios dos sospeitosos. Neses rexistros, os axentes encargados do caso interviñeron diversas cantidades de droga, así como 11.540 euros.

O fiscal considera estes feitos un delito contra a saúde pública e pide sete anos de cárcere para cada un dos acusados, así como unha multa de 1.000 euros. O xuízo celebrarase esta semana, entre os días 1 e 2 de novembro, na Audiencia Provincial de Lugo.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...