HomeSucesosDúas persoas detidas por simular un atraco nun caixeiro de Sarria

Dúas persoas detidas por simular un atraco nun caixeiro de Sarria

A Garda Civil detén a dúas persoas residentes en Sarria tras supostamente simular un atraco no caixeiro dunha entidade bancaria situada na localidade de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os feitos remóntanse ao pasado mes de outubro, cando o detido denuncia que se dirixiu a un dos caixeiros da entidade para realizar unha retirada de diñeiro en efectivo e que nese momento é abordado por outro home, o cal lle puxo un coitelo de cociña no peito e pediulle que retirara todo o diñeiro dispoñible na conta, conseguindo subtraerlle 940 euros en efectivo.

Por mor dos feitos denunciados iníciase unha investigación que determina que tanto o denunciante como o suposto autor dos feitos teñen relación, observando numerosas contradicións entre os feitos relatados e a realidade do sucedido, incorrendo ambos nun suposto Delito de Simulación de Delito.

O motivo da denuncia supostamente sería para a obtención dunha indemnización económica por parte do seguro da tarxeta utilizada no caixeiro. As persoas detidas son postas ao dispor do Xulgado de Instrución nº 1 de Sarria.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...