HomeSucesosRescatado e trasladado ao hospital un condutor ferido no Saviñao

Rescatado e trasladado ao hospital un condutor ferido no Saviñao

Un condutor que tiña dificultades para saír do coche tras sufrir un accidente no Saviñao foi rescatado este mediodía e posteriormente evacuado en ambulancia ao hospital de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia ( CIAE), o 112 recibiu aviso do accidente, que se produciu na estrada provincial LU- P-5804 -comunica Currelos e Escairón-, ás 12:12 horas. A persoa que chamou á central de emerxencias informou de que o condutor tiña dificultades para saír “polo seu propio pé” do coche sinistrado.

O 112 mobilizou aos Bombeiros de Chantada, á Garda Civil de Tráfico, á agrupación de voluntarios de Protección Civil e ao 061. Despois de recibir os primeiros auxilios no lugar do sinistro, o condutor foi trasladado por unha ambulancia de Soporte Vital Básico do 061 ao Hospital Público de Monforte.

ÚLTIMAS

Toma de posesión de dos dous novos policías municipais en Monforte, como funcionarios en prácticas

A formación teórico-práctica durará nove meses estendéndose de xaneiro a xuño do presente ano...

Conta atrás para o ‘Quiroga Trail Challenge’, proba que está preto das 1000 inscricións

O Quiroga Trail Challenge (QTC), unha das probas de montaña máis emblemáticas da península...

O Quixós non falta á súa cita co descenso do Cabe en Aninovo

O Club Quixós instaurou dende hai uns anos a tradición de comezar o ano...