HomeSucesosO incendio nunha nave de Prodeme calcina toneladas de herba

O incendio nunha nave de Prodeme calcina toneladas de herba

Un incendio declarado nunha granxa de Prodeme, situada na estrada da canle, no concello de Monforte, calcinou toneladas de herba seca e a nave na que se almacenaba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foron varios os particulares os que avisaron do suceso sobre as 16,20 horas, tras o que foron mobilizados os bombeiros de Monforte de Lemos e os efectivos do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Ademais, informouse á Policía Local e Nacional, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e, como medida preventiva, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

A pesar de que o incendio causou múltiples danos materiais, segundo a información recollida no 112 Galicia, ningunha persoa resultou ferida nin afectada polo lume nin polo fume.

Un incendio orixinado nunha cheminea calcina o tellado dunha casa no Incio

Un incendio rexistrado nunha vivenda situada no lugar de Castelo, no municipio do Incio, calcinou toda a cuberta do inmoble, no que provocou múltiples danos. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi o inquilino da vivenda o que deu o aviso sobre as 16,00 horas e informou de que acendera unha cheminea e que as chamas empezaran a afectar o tellado. A partir de aí, o persoal do 112 avisou aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil e a Protección Civil. O incendio, que non provocou danos persoais, quedou extinguido sobre as 18,45 horas.

ÚLTIMAS

O IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º posto na fase final do Parlamento Xove

A categoría de ESO formárona Estefanía Fernández Muñoz, Verónica Caplea, África Guitián García e...

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...