HomeSucesosAtopan "de compras" por Carballedo a un ancián que desaparecera en Coles...

Atopan “de compras” por Carballedo a un ancián que desaparecera en Coles (Ourense)

Faltaba da súa casa dende a tarde do pasado martes 20 de abril.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil localizou en perfecto estado de saúde “de compras” no municipio de Carballedo (Lugo) ao home de 88 anos, identificado como Arturo Montes Álvarez, que faltaba do seu domicilio en Coles (Ourense) desde a tarde deste pasado martes, 20 de abril.

Así o informou o Instituto Armado, que relatou que o home foi achado con vida e “en perfecto estado de saúde” despois de que axentes da Benemérita visen o seu vehículo en Carballedo e “buscasen pola zona”.

O octoxenario, veciño de Pereira San Eusebio, no termo municipal de Coles, faltaba do seu domicilio desde as 16,00 horas deste martes. Conducía un vehículo Renault Clio branco.

As mesmas fontes destacaron, á espera de terminar o atestado, que o home dixo aos axentes que estaba por Carballedo porque “fora de compras”.

ÚLTIMAS

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...