HomesociedadeLocalizado sen vida o home desaparecido en Ribas de Sil

Localizado sen vida o home desaparecido en Ribas de Sil

O corpo apareceu moi preto do río que discorre polo lugar de San Pedro.

Publicado o

- Advertisement -

O corpo sen vida dun sesaxenario desaparecido na tarde deste venres en Ribas de Sil  foi localizado este sábado polos axentes da Garda Civil.

Segundo informa, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso cando faltaban dez minutos para o mediodía.

Segundo a información facilitada polos voluntarios de Protección Civil da localidade aos xestores do 112 Galicia, o home desapareceu do seu domicilio na tarde deste venres. Ata o lugar tamén se desprazaron os membros do GES de Quiroga.

Finalmente, tras o rastrexo, sobre as 12,30 horas, a Garda Civil comunicou o achado do cadáver moi preto do río que discorre polo lugar de San Pedro.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...