HomesociedadeRematado o novo centro de saúde do Saviñao

Rematado o novo centro de saúde do Saviñao

A Xunta de Galicia rematou as obras de construción do novo centro de saúde de Escairón no concello do Saviñao, ás que destinou un orzamento de 1,1 millóns de euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O novo ambulatorio ten 182,67 metros cadrados máis de superficie que o actual -pasa de 562 metros cadrados a 745 -, o que permitirá incorporar servizos como unha sala de toma de mostras e unha consulta de enfermaría pediátrica. Como novidade, tamén se habilitou unha sala de estar do persoal e noutro espazo diferenciado os vestiarios.

O inmoble, de planta baixa, está ubicado no núcleo urbano de Escairón, nunha parcela de 2.060 metros cadrados que fai esquina entre as rúas Valle Inclán e Mercado. No deseño tivéronse en conta criterios de integración na contorna.

A área médica consta de sete consultas, tres de medicina, outras tantas de enfermaría e unha polivalente. Na zona pediátrica dispón dunha consulta de Pediatría e outra de enfermería.

O acceso faise a través dun vestíbulo amplo no que se atopan o mostrador de recepción, os aseos públicos e a área de espera. O inmoble tamén dispón dunha sala de reunións para o persoal e zona de arquivo de historias clínicas.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, explicou que trala recepción do edificio, só resta realizar os axustes da instalación eléctrica e as conexións informáticas para poder iniciar o proceso de posta en marcha.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...