HomeSucesosOs labores para atopar a Misi na mañá do día 16 non...

Os labores para atopar a Misi na mañá do día 16 non dan resultados

Publicado o

- Advertisement -

O xoves 16 de agosto, un grupo de veciños e de xeito voluntario, percorreron parte do extrarradio, seguindo o trazado da canle de regadío, de Monforte co obxectivo de localizar a Misi.

Cartel de Sos Desaparecidos de Misi/Facebook

Entre as diferentes zonas que percorreron dende as 9 da mañá ata aproximadamente a 1 da tarde foron A Parte, Ribasaltas, As Barrioncas, a Vide, Distriz, a parte de atrás das Lamas. Dentro deste opertivo de búsqueda, no que participan axentes da policía nacional, tamén percorreron parte da antiga estrada que enlaza Monforte con Bóveda, en concreto, camiñaron ata a zona da Áspera. E é que, segundo informa un voluntario que participa na batida, xa fai tempo que Misi se despistou e foi atopado camiñando en dirección hacia Bóveda.

Por outra banda, un grupo de piragüistas tamén están a colaborar no seu rastrexo. Durante a xornada, percorreron o Cabe dende Ribasaltas ata Canabal pasando polo Parque dos Condes pero, ó igual cos voluntarios que van a pé, os intentos de localizalo foron infructuosos.

Na operación especial de búsqueda do veciño monfortino desaparecido do xoves, participaron entre 10 e 12 persoas ademais de axentes da policía nacional que, ademais de buscar a pé, tamén colaboran na organización das batidas.

Aínda que o operativo está en marcha, prégase a todos aqueles que poidan ter algunhas pista do seu paradoiro avisen ás forzas de seguridade, á propia Asociación Prodeme ou chamando ó teléfono 639.64.43.35

 

ÚLTIMAS

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...

O rural galego como motor industrial a debate no encontro que Cesuga organizou en Sober

A cita que reuniu a unha ampla representación de persoas vinculadas coa empresa, institucións,...