HomeSucesosOperativo especial de rastrexo para localizar a Misi

Operativo especial de rastrexo para localizar a Misi

Publicado o

- Advertisement -

Carlos Yáñez Mondelo, máis coñecido por Misi, falta do centro de Prodeme de Monforte, residencia na que residía dende hai anos, dende o pasado venres 3 de agosto.

Tras 2 semanas sen saber do seu paradoiro, veciños da cidade decidiron organizar unha batida, o vindeiro día 16 de agosto. O punto de encontro é no Hostal Río Sol na Praza da Estación de Monforte ás 9 da mañá. Todo aquel que desexe participar no operativo especial de rastrexo de Misi, deberá presentarse no lugar indicado para organizar os grupos de voluntarios.

Igualmente, e co operativo en marcha, prégase a todos aqueles que poidan ter algunhas pista do seu paradoiro avisen ás forzas de seguridade, á propia Asociación Prodeme ou chamando ó teléfono 639.64.43.35

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...