HomeComarca de ChantadaChantadaInvestigado un menor por roubar un vehículo da Xunta en Chantada

Investigado un menor por roubar un vehículo da Xunta en Chantada

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un menor por furtar un vehículo oficial propiedade da Xunta en Chantada e conducir sen dispor do permiso correspondente.

Fontes da Benemérita indicaron que se investiga a este rapaza como suposto autor dun delito de furto e uso dun vehículo a motor, así como por non obter o permiso de conducir.

Finalmente, o vehículo foi recuperado na localidade de Ferreira de Pantón e o investigado pasou a disposición da Fiscalía de Menores de Lugo.

Noutra orde de cousas, a Garda Civil imputou en calidade de investigada a muller de 52 anos con nacionalidade dominicana e domiciliada en Sober como suposta autora dun delito de lesións e ameazas. Esta muller fora denunciada por ameazas e lesións a uns veciños e, posteriormente, pasou a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...