HomeSucesosCondutor marcha andando tras un aparatoso accidente en Escairón

Condutor marcha andando tras un aparatoso accidente en Escairón

Publicado o

- Advertisement -

A última hora da mañá do 29 de agosto, un rapaz resultou ileso logo de sufrir un aparatoso accidente na estrada que enlaza Escairón con Monforte.

No suceso, que aconteceu nunha curva pronunciada que hai na saída de Escairón logo de pasar por baixo da vía, só se viu implicado o vehículo sinistrado.

Segundo relata unha testemuña, “cando pasei  por onde aconteceu o accidente, baixeime do coche e vin que non había ninguén no interior do utilitario. Logo de parar eu, tamén se apearon máis persoas e todos pensamos o mesmo, que se non hai ninguén no coche, tivo que saír despedido. Puxémonos a buscar polos arredores ata que un veciño nos informou de que o rapaz fora camiñando cara o negocio familiar”.

Tras o susto inicial, o mozo foi conducido ata o Hospital Comarcal de Monforte polos seus familiares con feridas leves e rozaduras por todo o corpo pero, inicialmente, sen ningún dano de importancia.

 

 

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...